Sunday 05 de May de 2024

Touro acolle o próximo sábado, 27 de outubro, o ‘Goza do Ulla 2018’ coa ruta ‘Fervenza das Hortas/Santa Marta-Ponte Basebe’


 

O programa ‘Goza do Ulla 2018’ chega ao concello de Touro. O próximo sábado, 27 de outubro, está programada a ruta de sendeirismo ‘Fervenza das Hortas/Santa Marta-Ponte Basebe’. A ruta discurre na súa totalidade pola beira do Ulla.

Os sendeiristas percorrerán o novo roteiro xa homologado PRG 233 ‘Unindo camiños a través do Ulla-Fervenza e Santa Marta (Hortas)/desembocadura deo río Lañas no Ulla’ e ao remátalo conectarán coa PRG 121 ata Ponte Basebe.

Ao remate farán unha visita para ver o petroglifo de Pena Furada e o Pazo de Andeade. O punto de encontró será na Casa do Concello ás 09.15 horas. Haberá servizo de autobuses.

O Concello de Touro lembra aos sendeiristas que leven a súa cámara fotográfica para facer fotografías e poder participar no concurso fotográfico ‘Touro en Imaxes’. Despois da ruta os participantes poden comer no Pazo de Andeade ou no Parrillada Remesquide.